Os nenos aprenden cousas da vida no Museo de Lugo

maría caravel

LUGO CIUDAD

PRADERO

21 nov 2012 . Actualizado a las 07:00 h.

1Os amigos máis novos da rede museística participaron onte nunha nova sesión do obradoiro de creatividade no Museo de Lugo. Coincidindo co Día internacional dos Dereitos da Infancia, a artista Carolina Cruz Guimarey (A Coruña, 1981), que ten participado en varios certames internacionais, guiou a actividade «Arte e espazo», mentres que a xerente da rede, Encarna Lago, se ocupou de «Plántalle cara ao maltrato».

Escolares de Outeiro de Rei coñeceron Sogama

2E continuamos falando de nenos, xa que un grupo de 40 escolares de quinto e sexto de Primaria do CEIP Laverde Ruiz, de Outeiro de Rei, coñeceron as instalacións centrais de Sogama, no municipio coruñés de Cerceda. Os pequenos tiveron a oportunidade de explorar e descubrir o que sucede dos residuos que producen a diario nas súas casas unha vez que os depositan nos colectores verdes e amarelos que hai nas vías públicas.

Curso de forxa do Centrad en Riotorto

3A tradición dos ferreiros de Riotorto chega estes días aos obradoiros do Centro de Artesanía e Deseño. O Mazo de Espasande de Abaixo, situado no municipio, é o escenario do curso de forxa que comezou o luns. Impárteo o artesán Óscar Villada, herdeiro da mellor tradición dun oficio que hoxe está case desaparecido, pero que segue ofrecendo alternativas de futuro. Por exemplo, en decoración para o fogar ou ornamentación de espazos públicos. Mentres, nas instalacións do Centrad a artesá Idoia Cuesta está á fronte do curso de cestería tradicional sobre «cabazas de Noia e cestos de Muros».

Xornada no CEI-Nodus sobre cooperativismo

4No CEI-Nodus desenvolveuse unha xornada na que se analizou o cooperativismo como fórmula de autoemprego e desenvolvemento loca. A sesión foi inaugurada polo alcalde de Lugo, José López Orozco, e pola concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, Sonia Méndez.