Argumenta a «obriga» da Administración a posibilitar o exercicio do dereito a usar o idioma
LUGO CIUDAD
09 dic 2008 . Actualizado a las 02:00 h.
Lois Fraga, que tivo un problema semellante tamén coa Xefatura de Tráfico de Lugo, argumenta xurisprudencia que indica a «obriga» da Administración a posibilitar o dereito a usar o idioma cooficial por parte da cidadanía. Insiste que, na nosa comunidade «se os interlocutores coñecen ou deben coñecer o galego usarán o galego» e «se algún dos interlocutores descoñece lexitimamente o galego usarán o castelán ou outra lingua que coñezan», e esta última circunstancia non se daba no seu caso. Lembra igualmente que a Constitución «esixe un especial respecto e protección das modalidades lingüísticas de España», e tamén non foi o caso.