TRIBUNA | O |
14 may 2003 . Actualizado a las 07:00 h.O RECORTE nas ofertas educativas feitas pola Consellería de Educación (modalidades de bacharelato, ciclos formativos, oferta de optativas, etc) encadrase dentro da política educativa do PP de ir substituíndo de xeito continuo e paulatino o actual modelo de ensino público por un ensino privatizado. Para acadar isto está a tomar todas estas medidas: reducción cada ano dos orzamentos de funcionamento dos centros públicos, agrupamento de alumnado de distintas idades, eliminación dos desdobres da FP, eliminación dun gran número de prazas de profesorado, diminución da oferta de modalidades de bacharelato así como optativas, eliminación de ciclos formativos, etcétera. Todas estas medidas están encamiñadas a reducir profesorado no ensino público e desviar ensinanzas e alumnado cara o ensino privado, investindo cada vez máis cartos no ensino privado en detrimento do público. Neste senso, a CIG-Ensino quere expresar o seu total apio ás reividicacións que o estudiantado de secundaria de Lugo está a facer nos últimos días e que desembocaron hoxe, 14 de maio, nunha folga xeral que apoiamos.