DESDE EL ADARVE
30 abr 2003 . Actualizado a las 07:00 h.SON MOITOS os indicadores que cualifican a unha cidade á hora de valorar a súa calidade de vida, non só os económicos. As infraestructuras culturais e os servicios que ofrecen son decisivos. Viaxar por outras capitais de provincia de España sirve, entre outras cousas, para ver o que temos e o que non temos. Do primerio, podo dicir que mentres noutras cidades cobran por entrar ata para ver unha exposición de escaso valor artístico, en Lugo, o Museo Provincial, o castelo de Friol, o Museo Porta Miñá, e ata a Muralla de Lugo son gratuítas para o acceso público. Subir ó adarve da Muralla de Ávila, para ver só a metade, costa 3,5 euros, e ver o Museo de Zamora (a visita dura escasos vinte minutos), case dous euros. No debe, fáltanos un auditorio, un casco vello decente, e unha catedral máis publicitada. Danse pasos para mellorar.