Por outra parte, o colectivo patrimonial denuncia unha nova agresión a unha mámoa no concello da Fonsagrada, no límite con Navia. Trátase do túmulo número 1 da Fonte das Bidueiras «que foi agredido cunha máquina escavadora, producíndolle un gran corte; ademais, sobre a mámoa cravaron un poste de cemento».
O colectivo xa comunicou á Xunta tanto as descubertas como a agresión, para a catologación no caso das primeiras, e para que inicien o expediente sancionador no caso do enterramento da Fonsagrada.