Zapatero pide un aplazamiento de su declaración por la «complejidad» del sumario
Entrevista | Ánxela Gracián
24 may 2005 . Actualizado a las 07:00 h.? escritora nada en Castroverde Ánxela Gracián presentou na librería Trama o seu quinto libro infantil, A toupiña cegarata , editado por Galaxia e con ilustracións de Jacobo Liaño. -Os animais son recurrentes nos seus libros. -Si é unha temática que se repite. Parece como se vivira aí as historias. Neste libro quero profundizar na idea da viaxe, nas razóns que supoñen un cambio de sitio e a personalidade, aínda que sexa un animal. Presento un protagonista e un antagonista, este último algo máis que un malvado. -¿Para que idades está destinado o volume? -Forma parte dunha colección que dirixe Xosé Antón Neira Cruz e que está pensada para lectores a partir de 10 anos. -¿Nacer en Castroverde inflúe no dos animais? -Para min Castroverde é algo sentimental, síntome emocionada coa súa paisaxe; pero na literatura non vexo unha vinculación especial. -Non lle parece curioso que hoxe os nenos coñezan aos animais polos libros antes que en realidade. -É un privilexio para os que nacemos no campo, que os viamos como algo inmediato.