As Nogais recorda a tres veciños deportados a campos de concentración nazis

LA VOZ LUGO

AS NOGAIS

O acto tivo lugar este sábado con charlas, intervencións e música
O acto tivo lugar este sábado con charlas, intervencións e música

Este sábado o municipio acolleu unha sentida homenaxe a Octavio López Reymóndez, Balbino Santín Aira e Liberio Valín García

07 feb 2026 . Actualizado a las 19:59 h.

O municipio de As Nogais recordou este sábado a tres veciños republicanos deportados a campos de concentración nazis: Octavio López Reymóndez, Balbino Santín Aira e Liberio Valín García. O acto, organizado pola Asociación para la Recuperación de la Memoria Histórica en colaboración co Concello, contou cunha charla, con música a cargo da Asociación Cultural Abrente e coa intervención do alcalde, Jesús Núñez, e de familiares.

Durante o acto falaron, ademais do rexedor, o investigador Miguel Freire, da Asociación para la Recuperación de la Memoria Histórica; Isaac Santín, sobriño neto de Balbino Santín Aira; Marisol Castro, neta de Octavio López Raymóndez; e, por último, Hugo Fernández —un rapaz moi vinculado co municipio e apaixoado da historia, que forma parte do grupo de figuración histórica Torre de Torés— en nome dos familiares de Liberio Valín García.

Colocaron tres pedras conmemorativas diante da Casa do Concello
Colocaron tres pedras conmemorativas diante da Casa do Concello

Finalmente, colocáronse tres pedras conmemorativas na porta da Casa Consistorial. E o acto clausurouse cunha pezas musicais interpretadas polos netos, bisnetos e tataranetos de Octavio López, que acudiron dende A Coruña.