O butelo xa quenta motores en A Fonsagrada

LA VOZ LUGO

A FONSAGRADA

Este miércoles se presentó el tradicional evento
Este miércoles se presentó el tradicional evento

A localidade prepárase para recibir esta fin de semana a milleiros de visitantes na súa Feira do Butelo

04 feb 2026 . Actualizado a las 19:50 h.

A 29 edición da Feira do Butelo da Fonsagrada pretende encher esta fin de semana a localidade de milleiros de visitantes. O deputado de Promociónl, Pablo Rivera Capón, o olcalde da Fonsagrada e Deputado de Medio Ambiente, Carlos López López, e o concelleiro de Deportes, Silbán Rodríguez Palmeiro, presentaron este mércores en Lugo o evento, declarado Festa de Interese Turístico de Galicia e que conta cunha colaboración de 35.000 euros da Deputación.

Este ano as expectativas son superar os 25.000 quilos deste embutido. «O Butelo é un evento que é motor económico para a comarca, que pon en valor un produto de excelencia e que contribúe a fixar poboación no rural a través da tradición e da gastronomía», destacou Pablo Rivera,, que fala do butelo como un produto que distingue a Fonsagrada e a provincia. Tamén fixo fincapé no traallo dos artesáns que manteñen viva a tradición e que fan posible a celebración da festa. 

O alcalde e deputado, Carlos López, agradeceu o apoio da Deputación que «é fundamental xa que sen a achega económica da institución provincial sería imposible». López indicou que estes dous días de feira atraen a milleiros de visitantes, «xerando unha inxección de recursos para a hostalería e o comercio que compensa períodos de menor actividade».

O programa

O programa da 29 Feira do Butelo arrincará o sábado ás 10.00 horas coa apertura da carpa, que estará situada na Praza do Concello e permanecerá aberta ata ás 20.00 horas. Ás 12.00 terá lugar a inauguración oficial a cargo das autoridades, que posteriormente realizarán unha visita aos postos de alimentación e artesanía participantes.

O domingo o recinto feiral abrirá de novo as portas, ás 10 da mañá, e ao mediodía horas a carpa acollerá unha actuación do grupo de música tradicional Illa Pancha. Ás 13.00 horas terá lugar a entrega do Butelo de Ouro no Salón de Plenos da Casa Consistorial, e a continuación a Asociación Cultural Antaruxas e Sorteiros amenizará a xornada festiva que se prolongará ata as 20.00 horas.