Dimite la portavoz del PSOE, Montse Mínguez, tras hacerse públicos los negocios inmobiliarios de su pareja
Os lucenses poderán vivir como romanos grazas ás visitas teatralizadas dos museos
LUGO
Cada ano os museos de Lugo plantexan unhas visitas guiadas únicas inspiradas na vida cotiá en Lucus Augusti
21 jul 2026 . Actualizado a las 17:04 h.Este verán Lugo vive uns encontros do pasado romano da cidade, pois continúan as visitas teatralizadas, organizadas polos museos e a Deputación de Lugo, concretamente a Casa dos Mosaicos e o Centro Arqueolóxico de San Roque.
Os participantes caracterizaranse de romanos e romanas, grazas ao vestiario proporcionado para o evento na Casa dos Mosaicos no centro da cidade, o cal tamén é o punto de partida desta actividade, desde o cal lévase o corpo falso dun poderoso romano, envolto nun sudario. A partir de aí farase unha procesión facendo o cortexo fúnebre, isto mentres a guía vai explicando datos e curiosidades da vida romana no Lucus Augusti, ademais de lendas e historias da antiga Roma. A actividade rematará coa chegada ao Museo Arqueolóxico de San Roque, onde se levará a cabo o enterramento, xa que nese espazo consérvanse dúas tumbas pertencentes a unha gran necrópole que se mantivo activa ao longo de cinco séculos, documentando a presenza dos ritos funerarios durante ese período.
Estas visitas deron inicio en xuño, e unha das datas deste xullo é o 23. No mes de agosto poderase asistir os días 6 e 13, as últimas visitas deste estilo ata o próximo verán.
Para inscribirse deberán reservar na Oficina de Turismo a través do número 982251658. Realizarase en grupos reducidos de 20 persoas para mellor xestión e a participación é gratuíta.
Dará inicio ás 17.00 horas nas tres datas, sendo unha hora e media de duración.