O humorista actuará en Lugo o venres 17
30 may 2022 . Actualizado a las 12:39 h.Venres 17 de xuño • 21.00 horas • Salón rexio do Círculo das Artes, en Lugo • Entradas: 7 euros para os socios e 15 para o resto. A entrada inclúe unha 1906 Estrella Galicia. Pódense adquirir nas ofinas do Círculo das Artes, de luns a venres de 11.00 a 13.00 e de 16.30 a 20.30 horas (ata o 3 de xuño, só para os socios) •
Carlos Blanco presenta no Círculo das Artes «Os mellores monólogos», unha selección dos seus monólogos máis coñecidos: As bravas de Arousa (Queres Kiwis?), A dobraxe porno, Galizara e As grandes frases das nosas avoas e avós. Serán setenta minutos de risas garantidas, cun dos humoristas máis importantes de Galicia, que ademais introduce cada noite elementos de actualidade e improvisación.
O Círculo organiza o espectáculo coa colaboración da Xunta (Dirección Xeral de Política Lingüística) e co patrocinio de Estrella Galicia.