Maratón de contacontos infantís en Lugo para a ponte de decembro

Laura López LUGO / LA VOZ

LUGO

Migallas Teatro llega al MIHL
Migallas Teatro llega al MIHL Cedida

Os espectáculos terán lugar pola tarde no MIHL entre os días 4 e 8

03 dic 2021 . Actualizado a las 12:37 h.

Desde o sábado 4 ata o mércores • 18.30 • MIHL • Reserva de entradas: entradaslugo.es • 

A área de Cultura do Concello pon en marcha unha nova programación de animación á lectura e contacontos para os máis pequenos nesta ponte de decembro. A concelleira Maite Ferreiro destacou que pretenden achegar aos cativos «á biblioteca e ao mundo da lectura, prestando especial atención ao fomento da igualdade de xénero».

Sábado 4, 18.30 horas

Migallas Teatro, «Os tres porquiños/ Migallas Teatro». De 1 a 3 anos. Sesión de contos a partir dun dos clásicos da literatura infantil, a través de títeres, teatro e cancións, para introducir os máis cativos e cativas no marabilloso mundo dos contos.

Domingo 5, 18.30 horas

Ceo Aberto, «Atrapados con Harry Potter». A partir de 7 anos. Scape Room baseado na novela «Harry Potter e o cáliz de lume». Actividade na que nenas e nenos participantes terán que resolver unha serie de enigmas para axudar a Harry a fuxir do espazo no que está atrapado.

Luns 6, 18.30 horas

Tarabelos, «Debulendo lendas... galegas». A partir de 5 anos. Narración oral ilustrada que utiliza de base a técnica xaponesa «Kamishibai» e na que se descubrirán lendas que falan de xacias e sereas, de piratas ou das aventuras dos pobos celtas que ocupaban os nosos territorios.

Martes 7, 18.30 horas

Xarope Tulú, «Rilla Rilla». A partir de 6 anos. Espectáculo-concurso sobre a lingua galega que tenta pór de manifesto a variedade dialectal do idioma: «Se non oístes falar do cinefere, se non sabedes o que é un día de garabullos ou se nunca se pousou en vós unha lagáchima, non volo perdades!».

Mércores 8, 18.30 horas

Os Contos de Pablísimo, «O arquivo do chibo». A partir de 4 anos. Fabulación libre arredor do conto clásico dos 7 cabuxos e o lobo. Un teatriño con múltiples xanelas que serven de viñetas para contar, a xeito de banda deseñada, este clásico actualizado, empregando monicreques, xoguetes, sombras... e moita cachifallada.