Propostas fotográficas de mulleres da Ulloa

Laura López LUGO / LA VOZ

LUGO

Presentación do programa da Rede Museística con motivo do Día das Mulleres Rurais
Presentación do programa da Rede Museística con motivo do Día das Mulleres Rurais CEDIDA

A nova mostra abrirá na sala de exposicións da Deputación o día 15

09 oct 2021 . Actualizado a las 18:27 h.

Inauguración o venres 15 • Sala de exposicións da Deputación de Lugo • 

A Ulloa. Fotografías centrípetas é o título da exposición que inaugurará o Instituto de Estudos Ulloáns (IEU) o próximo venres na sala de exposicións da Deputación de Lugo. Trátase dunha mostra colectiva de catorce fotógrafas (bibliotecarias, mestras, gandeiras, muiñeiras, deseñadoras...) que pon en diálogo diferentes olladas de mulleres ulloás sobre o seu propio territorio, con propostas fotográficas que parten dunha reflexión, crítica ou posta en valor dalgún aspecto relacionado coa comarca da Ulloa.

A exposición, que aporta olladas femininas sobre o territorio e as súas xentes, está comisariada polas socias do IEU Patricia Coucheiro e Susana Varela Negro, e está integrada no programa «Mulleres rurais», da Rede Museística da Deputación, organizado pola súa xerente, Encarna Lago, para conmemorar o Día da Muller Rural.