Voz Audiovisual busca concursantes para un novo programa da TVG

La Voz LUGO

LUGO

Imaxe de arquivo da gravación en Monforte do concurso de cociña «Come a comarca», de Voz Audiovisual
Imaxe de arquivo da gravación en Monforte do concurso de cociña «Come a comarca», de Voz Audiovisual CARLOS CORTÉS

Trátase dun concurso con formato de preguntas e respostas

27 abr 2021 . Actualizado a las 09:48 h.

Ata o día 30 • 

Voz Audiovisual busca concursantes para un novo programa que se emitirá na TVG. A produtora de series como Método Criminal ou Serramoura, e de programas, como Come A Comarca ou Cantas ou non?, busca participantes para un novo concurso de preguntas e respostas da TVG.

No programa, cinco concursantes enfróntanse cada día a tres baterías eliminatorias de preguntas, que farán que só dúas deles poidan enfrontarse á gran escaleira final, coa que aspirar a un cuantioso premio en metálico. A produtora busca persoas de todas as idades -sempre que sexan maiores de 18 anos- para que participen no espazo. Homes e mulleres, mozos, mozas... Xente divertida, alegre, extravertida, con ganas de pasalo ben e á que lle gusten os xogos de preguntas e respostas.

Todas as persoas interesadas en participar no cásting poden enviar un vídeo de presentación indicando o seu nome e apelidos, e amosando a súa espontaneidade, por WhatsApp ao teléfono 629 613 376 ou ao seguinte enderezo electrónico: ana.fontan@vozaudiovisual.com antes do 30 de abril.