A exposición «O noso planeta» xa está en Lugo

Laura López LUGO / LA VOZ

LUGO

A exposición estará en Lugo ata xuño
A exposición estará en Lugo ata xuño Óscar Cela

A mostra ofrece unha espectacular visión do planeta, baseada na exitosa serie de Netflix

02 mar 2021 . Actualizado a las 18:36 h.

Afundación, a Obra Social de Abanca, con Netflix e Planeta, presentan na sede lucense de Afundación o proxecto expositivo «O noso planeta», baseado na serie documental homónima producida por Netflix que bateu récords de audiencia superando calquera serie ou filme da súa carteleira. A visita concíbese como unha actividade experiencial, cunha recreación do fondo do mar polo que se pode camiñar de maneira virtual na propia sala; a curta de animación Lemon  (Fundación Reina Sofía); unha mesa de luz con preguntas e respostas sobre sostibilidade; o audiovisual Que podo facer eu?... Poderá visitarse ata o 5 de xuño de luns a sábado de 17.30 a 20.30 horas.