Noelia Geada: «Tocamos cunha guitarra e cunha voz»

El grupo Una mesa para dos ofrece mañana por la tarde un concierto solidario en la Casa do Saber


lugo / la voz

Noelia Geada é música. Por vocación e por elección. A súa voz amosoulle o camiño dende moi nova e ela decidiu dedicarse profesionalmente a traballos relacionados ca súa gran paixón. Mañá, Noelia e Gabriel Rodríguez, integrantes de Una mesa para dos, darán un concerto solidario a favor do dano cerebral na Casa do Saber, ás oito da tarde.

-Que é a música para ti?

-A música sálvame da vida cada día. É o meu refuxio e tamén a miña maneira de expresarme. O que mellor se me da e o que máis amo. Canto dende que comecei a falar e dende os 16 anos fago música en directo. Estiven en varios grupos e tamén nunha orquestra.

-Dende cando existe Una mesa para dos?

-O grupo creeino hai anos con outro guitarrista e despois chegou Gabriel, hai pouco. Custoume moito atopalo porque realmente é difícil atopar alguén que se compenetre contigo e que sintonice. Este proxecto comezou con temas meus porque son compositora. Ao principio non me vía capaz de sacar un disco e agora estou noutro proxecto paralelo co pianista David Taboada e apareceu a oportunidade de sacar temas meus.

-Canto e cando ensaiades?

-Dúas horas á semana, aínda que depende moito do momento. O de mañá é o primeiro concerto solidario que facemos Gabriel e máis eu, pero a idea gustounos moito e temos pensado repetila porque cremos que como músicos temos a posibilidade de facer chegar a temática social á xente.

-Cal é o voso estilo?

-Non nos gusta poñer nos etiquetas. Poderíamos dicir que tiramos un pouco cara á música da movida madrileña con versións de Enrique Urquijo, pero tamén con jazz ou ca Negra Sombra de Rosalía de Castro. Gústanos tocar o que nos gusta, o que nos vemos capaces de facer cunha guitarra e unha voz.

-Algún de vós pode vivir da música?

-Non é posible. Eu son logopeda especialista en voz. Canto dende que era nena e tiven un problema cas cordas vocais polo que acudín a un logopeda. Entón vin nesa profesión unha forma de dedicarme á musica e poder vivir dela.

-Cal é o porqué do nome do grupo¿?

-Ocurríuseme antes de que chegara Gabriel. Eu co nome e co logotipo quería transmitir intimidade. Somos un dúo de música tranquila para que a xente a escoite. Queríamos trasladar ao público esa calidez. O logo deseñouno a artista visual e tatuadora Alva Capón, que logrou captar á perfección o que quería transmitir.

Próximos conciertos

Una mesa para dos actuará mañana en la Casa do Saber, en la plaza Pío XII, frente a la Catedral, a las 20.00 horas. Este será su primer concierto solidario a favor del Centro de Daño Cerebral de Castro Ribeiras de Lea. La entrada solidaria cuesta cinco euros.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Noelia Geada: «Tocamos cunha guitarra e cunha voz»