O Concello relanza o proxecto Apego para impulsar o uso do galego

La Voz LUGO / LA VOZ

LUGO

cedida

Insatlou un punto de información no San Froilán Miúdo

08 oct 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

O Concello de Lugo está a relanzar durante o San Froilán o proxecto Apego para facilitar a socialización na lingua galega dende o nacemento. Para logralo, puxo a disposición das familias un punto de información durante o San Froilán Miúdo.

«É importante facilitar ás crianzas espazos para que se socialicen en galego dende o seu nacemento», apuntou a edila de Cultura, Maite Ferreiro. «O Concello participa dende o 2017 no proxecto e pretende implicar ás familias na valoración positiva da lingua propia. Os obxectivos tamén deste proxecto son incrementar a porcentaxe dos nenos e nenas que adquiren o galego como lingua inicial e promover que o usen de maneira habitual e que teñan espazos, situacións e recursos para poder facelo».