A música na liturxia: que cantamos?

A oferta de ocio este xoves en Lugo inclúe música, lectura, fotografía e cooperación.


Lugo / La Voz

A oferta de ocio este xoves en Lugo inclúe música, lectura, fotografía e cooperación.

O IV Curso de Música do Corpus Christi arrancou esta semana en Lugo con 30 inscritos chegados dende diferentes puntos da provincia e doutras rexións de España. As modalidades que se impartirán son órgano, técnica vocal, dirección coral e iniciación vocal. No día de hoxe a xornada trata sobre «a música na liturxia: que, como e cando cantamos?» e impártea o profesor Abraham Sánchez Pujante.

Este xoves tamén continúa na capital lucense a Feira do Libro Antigo e de Ocasión na Praza Maior, de dez e media a dúas do mediodía e de cinco a nove e media da noite. Nela participan importantes librarías de distintas comunidades e de recoñecido prestixio. Os visitantes poderanse achegar para atopar unha amplísima oferta en libros de fondo e descatalogados a un prezo moi asequible, aínda que tamén será posible achegarse a documentos, carteis, gravados, postais... para todo aquel público interesado na obra gráfica antiga.

O Resurrection Fest arrancou onte en Viveiro con oito grupos. Hoxe a cifra de grupos é catro veces maior tendo asegurada a desconexión para todos aqueles amantes do heavy e do rock.

Muimenta celebra tamén hoxe o Festival das Cores “O San Cristobaliño” no parque infantil ás catro da tarde. É unha festa só para socios da ANPA “A Granda”, na que contaran con caricaturistas, música, xogos e merenda. Con isto dan o pistoletazo de saída para as festas da parroquia.

Continúa en Sarria a XI Exposición de Fotografía Antiga, organizada pola Sociedade Cultural “La Unión”. Estará dispoñible do 2 de xullo ao 31 de agosto en horario de dúas e media da tarde a dez da noite. Pecha os luns.

A Vilalba chega o espazo itinerante Creactivity, deseñado pola Obra Social “La Caixa”, a través do programa EduCaixa. Terá lugar hoxe, mañá e o 8 e 9 de xullo na Praza da Constitución de dez a dúas do mediodía e de cinco a oito e media da tarde. Serán sesións gratuítas de 90 minutos.

Creactivity é un espazo-obradoiro para nenos e nenas a partir dos sete anos onde se practica a arte de pensar coas mans, con elementos ideados para fomentar a creatividade, o espírito emprendedor, a cooperación e a reflexión. Traballaranse competencias transversais no ámbito das matemáticas das ciencias e das tecnoloxías.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

A música na liturxia: que cantamos?