A lista de Lara Méndez, un a un

LA VOZ LUGO

LUGO

Alberto López

A rexidora presentou hoxe na asamblea do PSOE lucense a súa proposta para as eleccións

01 abr 2019 . Actualizado a las 21:20 h.

Lara Méndez presentou esta tarde, na asamblea do PSOE lucense, a súa proposta para as vindeiras eleccións de maio. Terá que ser ratificada pola executiva galega e nacional onde Méndez espera que non lle movan ningún dos nomes. Sin sorpresas en canto a quen será o seu número dous, Álvaro Santos, aínda que si houbo novedades na parte alta da candidatura: a avogada Paula Alvarellos (1963) será a súa número tres. Licenciada en Dereito, con despacho propio e presidenta da asociación penitenciaria Concepción Arenal, que loita pola reinserción social de persoas que cumpriron penas de prisión.

No capítulo de baixas, a prevista de Carmen Basadre (25) e as dos concelleiros Daniel Piñeiro (24) e Manuel Núñez (12), que caen aos últimos postos da lista. O concelleiro de Deportes, Miguel Fernández, é o número catro na candidatura da socialista e Ana González Abelleira, encargada de Benestar Social e Igualdade, de cinco. No sexto e no sétimo posto dúas novas fichaxes, dous independentes: Mauricio Repetto, psicólogo, licenciado pola universidade UDELAR (Montevideo-Uruguai) e presidente da asociación de novos empresarios da provincia (AJE Lugo), vicepresidente da Federación Galega de Xoves Empresarios (FEGAXE) e representante desta asociación na Confederación de Empresarios de Galicia (CEG); e Olga López Racamonde, enfermeira especialista en obstétrico-xinecolóxica. Matrona de atención primaria no centro de San Roque, doctorando en innovación en seguridade e tecnoloxía alimentarias (USC) e compaxina a súa actividade sanitaria coa labor docente.

Miguel Couto e Silvia Alonso, os números oito e nove, tamén son novidade. Couto é enxeñeiro industrial, en especialidade electrónica pola universidade de Oviedo. É director da delegación de Lugo de Asepeyo Mutua. Foi vogal do Xurado de Expropiación de Galicia e Secretario do Colexio de Enxeñeiros Industriais de Galicia. Silvia Alonso é música. Ten un grao profesional en violín e canto (soprano lírica). É docente na facultade de Humanidades.

Completan la lista Pablo Permuy (10), Rosana Rielo (11), Manuel Núñez (12), Carmen Méndez (13), Carlos Méndez (14), Vanessa Martínez (15), Jesús Darriba (16), Pilar Seoane (17), Jaime Roda (18), Rosana Almonte (19), Gerber Martínez (20), Ruth León (21), Francisco Javier Rodríguez (22), María del Carmen Santos (23) Daniel Piñeiro (24) y Carmen Basadre (25).