Oservizo de arqueoloxía do Concello de Lugo, en colaboración coa Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo, acaba de pór a disposición da cidadanía unha páxina web que permite pasear virtualmente polo Lugo romano.

A pegada romana da cidade faise visible na muralla, un elemento esencial na nosa identidade coñecido por toda a poboación, mais, baixo os nosos pés, xacen auténticos tesouros arqueolóxicos que nos remiten ao esplendor do noso pasado. Como ben saben os lucenses, abonda con escavar en calquera recuncho para atoparmos un resto romano e os últimos anos foron clave para desenvolver unha conciencia dos valores de apreciación do noso patrimonio histórico. A declaración da muralla como Patrimonio da Humanidade e a irrupción do Arde Lucus (un exemplo paradigmático de tradición recente profundamente arraigada) son indicios de que as cousas están mudando.

Hai anos, cando asistín por primeira vez a unha conferencia de Ana María Suárez Piñeiro, fiquei admirada pola súa capacidade de engaiolar ao auditorio invocando o pasado romano da Gallaecia e abraiada de que me permitise descubrir segredos que ignoraba enteiramente sobre zonas de Lugo polas que transitaba a diario cando era nena. Escoitándoa, aprendín que as rúas polas que eu pasaba percorrían a área na que antigamente había un acueduto que abastecía de auga a cidade. As súas obras sobre a romanización en Galicia ou a vida cotiá na Gallaecia romana deixan clara a centralidade de Lugo nesa época emblemática da nosa historia.

A viaxe no tempo que permite Arqueolucus pode e debe ter unha incidencia moi real no Lugo de hoxe. Cando menos, coido que debería servir para reforzar a apreciación da cidade, sensibilizar cara á preservación do noso legado arqueolóxico e impulsar a súa divulgación desde a educación e para toda a cidadanía.

 

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Arqueolucus