En memoria dos Irmáns da Lexía

La Voz

LUGO

ASOCIACION CULTURAL XERMOLOS

Numerosas personas participaron en Guitiriz nunha homenaxe a tres irmáns que foron fusilados no Campo da Rata da Coruña

26 ago 2018 . Actualizado a las 21:04 h.

Jaurés, Bebel e Frances foron tres irmáns que militaban nas Xuventudes Socialistas e que foron detido e fusilados no Campo da Rata da Coruña logo de estar presos no cárcere coruñés. Os tres eran destacados deportistas, e en concreto Bebel xogada no Deportivo. Varios colectivos sociais, culturais de deportivos de Galicia celebraron este domingo o primero memorial na honra dos coñecidos como Irmáns da Lexía, que traballaban na fábrica de xabóns familiar. Na cita, celebrada en Santa Mariña, Guitiriz, contou cun torneo de fútbol, unha ofrenda floral diante do monumento erixido e na fosa común da parroquia. A cantante Selva García, filla de Pepín, irmán dos homenaxeados, foi a encargada de ler unha palabras, ademais do responsable de Xermolos, Alfonso Blanco. Houbo logo un xantar e música.