A República, en soidade

Xosé Carreira LUGO / LA VOZ

LUGO

X. C.

Escasa asistencia aos actos celebrados no centro de Lugo

14 abr 2018 . Actualizado a las 23:20 h.

«E logo, xa nin veñen os do BNG?», preguntou onte un dos poucos asistentes ao acto de lembranza do 87 aniversario da proclamación da II República. Foi un acto case en soidade, na praza que leva este mesmo nome. Estiveron a alcaldesa e uns cantos concelleiros do equipo de goberno e tamén se sumaron dous edís de Lugonovo, o representante de ACE e algúns sindicalistas. En total, unhas trinta persoas.

«Na emblemática data do 14 de abril, miramos ao futuro sen deixar de valorar o pasado nin o presente e facémolo dirixíndonos a todos os demócratas, xa sexan de dereitas ou esquerdas, se consideren ou non republicanos, con identidades culturais e crenzas distintas. (...). O que celebramos é a apertura democrática, o compromiso social e a construción dunha España próspera e plural. Reivindicar os valores da República significa reivindicar a loita pola democracia, as liberdades, os dereitos económico-sociais e o autogoberno para as nacionalidades e rexións», dixo a alcaldesa durante a lectura do seu manifesto.