Publican un calendario dixital sobre a obra de Manuel María

LUGO

A Casa-Museo de Outeiro de Rei celebra así 50 anos do poemario «Os soños na gaiola»

16 ene 2018 . Actualizado a las 10:08 h.

A Casa-Museo Manuel María retomou a súa actividade e volveu abrir as súas portas para poder ser visitada os sábados de 11.00 a 14.00 e de 16.30 a 19.30 e os domingos de 11.00 a 14.00 horas. Ademais, acaba de editar un calendario dixital do 2018, ilustrado por Leandro Lamas, para conmemorar os 50 anos da aparición do poemario Os soños na gaiola, obra emblemática de Manuel María que inaugurou a poesía en galego para a xente nova. Unha iniciativa esta á que se sumarán outras ao longo do ano. O calendario pódese descargar na seguinte ligazón: http://www.casamuseomanuelmaria.gal/promocions.htm, introducindo o seguinte código: 8yhqdz1esxcr.