Concelleiro multado por reclamar unha praia

LUGO

LV

Rubén Arroxo, portavoz do BNG, terá que pagar 90 euros por colocar un cartel na beira do Miño

10 ene 2018 . Actualizado a las 13:23 h.

Din os que coñecen ao concelleiro do BNG en Lugo, Rubén Arroxo, que nunca se cabrea. E parece que teñen razón. Nin tan sequera o fixo cando onte recibiu unha multa por importe de 90 euros que lle impuxo a Confederación Hidrográfica por colocar un letreiro de pequeno tamaño á beira do Miño, simulando que se trataba dun cartel da obra da tan desexada praia fluvial de Lugo.

Arroxo xa anunciou que vai pagar. Non tiña escapatoria algunha porque fotografouse co cartel e logo deulle publicidade para que os medios se fixeran eco das reivindicacións da súa formación.

«Que se nos denuncie por pedir a zona pública de baño demostra que hai intereses para que non se faga», dixo onte o concelleiro nacionalista. Lembrou que se colocou o «letreiro de obra» foi para denunciar a pasividade do PSOE, nomeadamente o presidente da Deputación Provincial que «nin tan se queira aceptou recibirnos».

O letreiro foi colocado o 28 de xullo do ano pasado. Ao pouco tempo, o representante de Foro Lugo, Ildefonso Saavedra, anunciou que presentaría unha denuncia diante do Seprona pola colocación irregular do letreiro.

O episodio da multa ven a sumarse a historia interminable dun servizo que os lucenses deberían ter dende hai anos, pero que non e así: unha praia fluvial.

Os do BNG promoveron inicialmente una escada de baño para colocar na zona das Saamasas. Menos mal que se trataba dunha pequena infraestrutura porque resulta que, para decidir se se autorizaba ou non, interviñeron hasta cinco organismos distintos e non se puxeron de acordo. Ao final, non houbo escada.

O PP propuxo unha praia nas proximidades do enlace de Alfonso X. Tampouco conseguiu nada. Máis adiante foi o goberno local o que tratou de sacar tallada do asunto presentando un plan para colocar uns aparellos flotantes no río a xeito de piscinas naturais; pero nada. Resulta que nin tan sequera o Concello pagou as taxas correspondentes para que a Confederación Hidográfica puxese o anuncio no Boletín Oficial.