Guitiriz acolle o martes outra homenaxe a Díaz Castro

X.M.P. VILALBA

LUGO

A Deputación colocará unha figura de pedra diante da casa onde naceu o poeta

08 oct 2014 . Actualizado a las 21:23 h.

As homenaxes ao poeta Xosé María Díaz Castro aínda seguen a celebrarse en Guitiriz. A vindeira terá lugar o martes 14, cun acto que organiza a Deputación diante da casa natal do escritor, situada no barrio do Vilariño (Os Vilares). Alí, ás seis da tarde, colocarase unha figura de pedra como recoñecemento a unha figura que neste 2014 ten sido obxecto de varias homenaxes: entre outras, en febreiro tivo lugar a do centenario do nacemento; en maio, a incluída nos actos do Día das Letras Galegas, e este mes, a do cabodano ao cumprírense 24 anos da súa morte.

Fóra de Guitiriz

Porén, os recoñecementos ao autor de Nimbos non se limitan a Guitiriz. A Asociación Cultural Xermolos, cuxo coordenador é Alfonso Blanmco, ten participado en actos celebrados en vilas e cidades de Galicia para explicar a importancia do escritor.