O famoso almanaque «relixioso, profético, astronómico, recreativo, patriótico, popular e barato» está dedicado no 2014 ao poeta Díaz Castro
13 ene 2014 . Actualizado a las 15:31 h.O calendario galego «O gaiteiro de Lugo» sae á rúa de novo neste 2014 cunha tiraxe inicial de 2.000 exemplares. O famoso almanaque «relixioso, profético, astronómico, recreativo, patriótico, popular e barato» está dedicado nesta ocasión ao poeta chairego Xosé Díaz Castro, que será homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas.
A área de Cultura da Deputación é a encargada da súa publicación, mentres que a distribución se fará principalmente en librerías, por 3 euros. Inclúe unha biografía e fotos do autor chairego, poemas inéditos, o xuízo do ano, santoral, o calendario de lúas, refráns, adiviñas, contos, unha táboa de mareas... e todo en galego.