«As ANPAS non gobernan os colexios»

La Voz

LUGO

O decano da facultade de Formación do Profesorado ve necesario que universitarios e escolares compartan aulas neste momento. «Trátase dunha optimización de espazos nunha época de crise onde non se vai construír nin un só metro cadrado en ningún sitio porque nin Educación nin a Universidade teñen cartos dispoñibles para facelo», afirma.

-As familias da Anexa cren que é unha «invasión» que prexudicará moito aos seus fillos...

-As ANPAS non gobernan os colexios. A responsabilidade é da dirección e da Consellería de Educación, e neste caso houbo un acordo coa USC.