Fotografía para cegos e mostra de Ben-Cho-Shey

maría caravel

LUGO

SANDRA ALONSO

08 feb 2013 . Actualizado a las 06:55 h.

1O proxecto «Fotografía a cegas» da Rede Museística Provincial de Lugo está exposto desde onte no Colexio de Fonseca, en Santiago, no marco da mostra «ARTEfactos. Dinamitando prexuízos desde a integración». Na apertura participaron, entre outros, o reitor, Juan Casares, e a xerente da rede lucense, Encarna Lago.

TIC e Voz Ciudadana

2O presidente da fundación TIC, José Ramón Gómez Besteiro, reuniuse co responsable da asociación Voz Ciudadana, Bruno Pena, que foi constituída hai un mes por rapaces de Guitiriz para axudar ás familias máis necesitadas do municipio e a fortalecer a relación entre cidadáns e partidos políticos. A TIC apoiará e difundirá o labor co colectivo solidario.

Exposición sobre Ben-Cho-Shey

3Unha exposición repasará o legado cultural de Xosé Ramón e Fernández-Oxea, Ben-Cho-Shey, no Museo de Lugo. Mario Outeiro, delegado de Cultura da Deputación, e o comisario da mostra, Ramiro Cuba, presentaron onte a exhibición, que abrirá o vindeiro día 14 e que se poderá visitar ata o 20 de maio. A idea é «recuperar o legado cultural deste pedagogo, xornalista, etnógrafo, arqueólogo, historiador, poeta, lingüista e político comprometido co galeguismo e co país», afirmou Outeiro. A exhibición leva por título «Ben-Cho-Shey. 50 anos de maxisterio cultural (1918-1968)».

Libro de Daniel Salgado e Darriba sobre AGE

4E rematamos falando do movemento político que deu a sorpresa nas eleccións autonómicas celebradas o pasado mes de outubro, xa que na librería Trama presentouse o libro que analiza polo miúdo o fenómeno: AGE. A emerxencia da Alternativa Galega de Esquerda. Está escrito polos xornalistas Daniel Salgado e Manuel Darriba.