Nos tempos que corren parece que hai que pedir perdón por existir. O mundo ao revés. Vexamos.
O doente que acode ao centro de saúde vai coa cara baixa, pero non pola enfermidade, senón pola vergonza social que supón gastar e gastar do sistema público de saúde. ¡Que insolidaro! Logo, cando sae da consulta, diríxese á farmacia non coa esperanza de mellorar da súa doenza, senón falando baixo ao farmacéutico: «Pódeme dar esta receita». ¡Que derrochador!
Non hai calificativo para este usuario da Seguridade Social, que ademais de ter a cara de pedir cita co médico e de mercar mediciñas cos cartos de todos, ocórreselle coller unha baixa médica por un accidente laboral. «¿Pero quen che mandou meter o pé no burato?». E o home, tan ledo, vai estar sobre dúas semanas sen producir, só gastando cartos nas nosas arcas, mentres somos moitos os que nos erguemos á sete da mañá para levantar o país, a nación e todo o Estado xunto. ¡Ah!, e a Unión Europa, tamén.
Pero, esperen, esperen, é que hai máis. Este home ten ao seu coidado aos seus pais, os dous xa con máis de 80 anos, cunha pensión mínima, pero pensión. Os vellos gastan e gastan en mediciñas. Son deses que teñen unha farmacia na casa. Agora un omeoprazol, agora un paracetamol. O Voltarén que non falte. Son culpables de amansar píluras e pírulas, das sobrantes de cando estiveron mal. ¿E que me din da muller do noso home doente, derrochador de fármacos, de baixa médica e con pais maiores? Pois, no paro desde hace máis dun ano. Sen traballar e cobrando do bote de todos. Por certo, o noso doente, ten un veciño inmigrante, que...