Vai de concellos

Xesús Mato

LUGO

Con noticias recentes. Algunhas, curiosas. Parece ser que a crise, que non deu apagado nin a calor destes días nin a manipulada vermella, agudiza a mente dos alcaldes. Dos que están á beira das cinco rotas que atravesan a provincia de Lugo e tamén dos outros.

O alcalde de Quiroga, xunto co concelleiro do medio rural, entregou ó bispo de Lugo. 50 litros de aceire puro de oliveiras para elaborar o Santo Crisma e o Santo Óleo que se van utilizar (o ano que ven!, claro) na diocese na administración dalgúns sacramentos.

O de Paradela foi quén de amañar tramos do Camiño Francés na Zona de Ferreiros e de elaborar mapas para axudar aos peregrinos. Noutra orde de prioridades, o de Monterroso xa comprometeu ante Fomento algunhas obras para o mes de outubro. O de Palas. tamén acolleu outra das manifestacións dos aínda non natos «voluntarios da sabedoría».

O de Lugo/capital, asinou con persoal da Xunta, a montaxe da oficina de información, asesoramento e inserción laboral para os mais de 5.000 inmigrantes extra/comunitarios que hai en Lugo (en Galiza, 106.000) para a incorporación dos estranxeiros ás redes sociais e vida comunitaria da cidade. Tamén estará aberta aos emigrantes retornados.

Boas novas. Algunhas con cheiro a propaganda. Comercial e das outras. Nos camiños físicos quedan zonas importantes sen amañar e varias obras aprobadas xa fai tempo sen empezar. (Por exemplo, Liñares e Fonfría, Pedrafita). E varios peregrinos durmindo á intemperie (en O Cebreiro e Portomarín, os últimos días, da pasada semana). Segue a improvisación e inercia, a pesar de que era previsible que neste mes ían chegar en masa. Botaránlle a culpa tamén á crise. Pode con todo.