Presentan no campus o programa Voluntariado Xacobeo 2010

La Voz LUGO/LA VOZ.

LUGO

A comunidade universitaria do campus de Lugo coñecerá hoxe o programa Voluntariado Xacobeo 2010. Con este fin, a coordinadora xeral da iniciativa, Beatriz Barbeito, dará unha charla ás 18.00 horas no salón de actos da Escola Universitaria de Formación de Profesorado. O programa trata de prestar axuda ás persoas que fan o Camiño de Santiago, especialmente na tempada de verán. A USC concederá 4 créditos de libre configuración aos estudantes que participen na actividade.