A Biblioteca programa este mes actividades para os nenos

La Voz LUGO /LA VOZ.

LUGO

A Biblioteca Provincial acollerá o mércores, día 12, o obradoiro O gran xogo do Día das Letras Galegas , no que poderán participar, previa inscrición, 25 nenos maiores de 7 anos. Este acto, co que o centro conmemora o Día das Letras Galegas, inscríbese dentro da programación de maio, que comeza hoxe ás seis da tarde con Os tres amigos , a cargo de Iago López Santos. O venres 14 haberá unha actuación de narración e música, O castiñeiro máxico e outros contos , coa voz de Inés Cuadrado e música de Manu Clavijo, para todas as idades. O 21, Ramiro Neira recitará para nenos de 3 a 12 anos Contos no ar , e ese mesmo día organizarase un obradoiro en 3D, a cargo do grupo Orballo, no que poden participar 20 escolares. O 22, ás 12.00 horas, a Biblioteca servirá como escenario para Fábulas no berce , da contacontos Charo Pita dirixida a nenos de 0 a 3 anos. O 28, Fátima Fernández coordinará Dicionario tolo .