Entroido para todos os públicos

C. López

LUGO

O Concello de Lugo programa unha chea de actividades entre os días 11 e 17, con 6.000 euros en premios a repartir

02 feb 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

Unha vintena de actividades compoñen o programa de carnaval preparado polo Concello de Lugo. Desenvolverase entre os días 11 e 17 e inclúe bailes nos diferentes centros sociais, unha feira de produtos típicos, o concurso de disfraces infantil e o de adultos, actuacións de charangas polas rúas da cidade e o tradicional enterro da sardiña. Comida de Entroido. No centro social da Milagrosa, o día 11 ás 14.00. Custa 8 euros. Inscricións ata o venres no propio centro. Baile para maiores. No centro social da Milagrosa, o día 11 a partires das 16.30. Pregón de Sara Alejandra García Suárez. Na Casa do Concello o día 12 ás 20.00. Feira de produtos típicos. Na praza da Soidade o día 13 a partires das 10.00. Concurso infantil de disfraces. Na praza Maior o día 13 a partires das 17.00. Haberá tres premios nas categorías individual, parellas e comparsas e un premio especial en cada unha delas para o disfraz de elaboración propia feito con material reciclado. Inscricións no Concello ata o día do concurso. Baile para maiores. No centro social de Lamas de Prado, o día 13 ás 18.00. Baile para maiores. No centro social Maruja Mallo, o día 14 ás 18.00. Festa de disfraces para nenos. No centro social Uxío Novoneyra, o día 15 ás 17.00. Baile de Entroido coa orquestra Alianza. Na praza Maior, o día 15 ás 18.00. Concurso de disfraces para adultos. Na praza Maior o día 16 a partires das 17.00. En individual, premios de 550, 400 e 200 euros e tres premios de 150 euros. En parellas, premios de 700, 600 e 500 euros e cinco premios de 200 euros. E en comparsas, premios de 1.000, 800 e 600 euros e sete premios de 300 euros. Inscricións no Concello ata o día 15. Festa de disfraces para nenos. No centro social de Fingoi, o día 17 ás 18.00. Baile para maiores. No centro social de Lamas de Prado, o día 17 ás 18.00. Enterro da Sardiña. Sairá do Círculo e rematará diante do Concello, o día 17 a partires das 20.00.