Nos últimos tempos do franquismo a pregunta era: «E despois de Franco, ¿qué?». Dábannos unha resposta: «Despois de Franco, as institucións».
Pasaron trinta e catro anos como outros tantos suspiros, e aquí estamos, nun postfranquismo só percibido polos que procuramos seguir respirando, mentras nos quitan de diante todo o que lembre ó Xeneral, xa que non poden borralo dos libros de historia.
Andiven por Rumanía, e non atopei unha soa lápida, placa, estatua ou mención ó defunto Ceaucescu, do mesmo xeito que en Alemania non hai mención visible ó seu dictador particular. En cambio en Rusia conservan a momia de Lenin, aínda que parece que xa lles molesta a lembranza de Stalin.
Dacordo en que non se glorifique a figura de Franco, pero que as institucións lle retiren os títulos e condecoracións concedidas no seu momento é risible e lembra aquelo tan infantil de «Santa Rita, o que se da non se quita».
Parece mentira que, trinta e catro anos despois, Franco non dea entrado na historia, diante da que el quería responder, como Fernando VII, Atila ou Pinochet. ¿Quen teme a Franco na actualidade?. Nin siquiera ós franquistas, que se algún queda debe estar ben confundido ó ver tanta desmemoria.
Despois de Franco, a vida. Que se encargou de ir normalizando a situación dun país na que moitos -conflictivos- foron morrendo, outros foron medrando, e outros moitos cambiando, e aquí estamos os que quedamos, xa no século XXI, tentando esquecer que algunha vez houbo un Xeneralísimo dos Exércitos gañador dunha guerra, venerado por trinta e tantos millóns de persoas. Posiblemente, eso é o que agora nos doe.
redac.lugo@lavoz.es