Vilanova coñece o conflito que xerou a aplicación das incompatibilidades entre os médicos fai uns anos.
-¿Como vai abordar as incompatibilidades nesta etapa?
-Penso que non teño a competencia de incompatibilidades. A lei está aí e é a que se vai aplicar. -¿Ten algunha instrución da consellería? -Ningunha. Falóuseme do problema e das consecuencias que tivo. En Lugo estase aplicando a Lei de Incompatibilidades. -¿Como pensa combater as listas de espera? -As listas de espera, por encima de todo son coxunturaiss ao propio sistema sanitario. Vainas haber sempre. Tamén as hai na privada para determinados profesionais e en determinados momentos. Iso vai estar aí. O que temos é que intentar acadar os obxectivos marcados pola consellería. Diminuílas, se podemos e xestionala o máis adecuadamente posible, que e a labor que teñen encomendada os xestores sanitarios. E, facelo con criterios de eficiencia e rendibilidade. -¿Hai previstas medidas concretas? -Nestes momentos existen as propias dos sistema. A programación asistencial que o hospital vai levar a cabo é o mesma que noutros centros. -¿Seguirá habendo peonadas? -A mín. as peonadas como tales non é o nome que me gusta, é a actividade extraordinaria en xornada de tarde. Para iso hai uns orzamentos por parte da consellería que están marcados dentro dos programas de financiamento e nos esgotaremos obviamente o financiamento que se nos poña. O que non faremos será gastar o que non temos. -¿Canto persoal novo vai ter o novo hospital? -Cuantificalo é unha das misións do plan estratéxico. Trátase dun hospital que en espazo triplica o actual iso non quere dicir que se multiplique por tres a plantilla, porque non tería sentido ningún. O que haberá é que poñer en servizo o hospital co persoal que este cientificamente ben formado e que poida dar unha boa asistencia sanitaria a poboación. -Cos problemas que hai ¿Atopará os especialistas? -Ese e un problema coiuntural do sistema sanitario. Penso que a apertura do novo hospital será un condicionante menos, e dicir, será un foco de atracción de profesionais competentes. Nos intentaremos captar aos mellores posibles