Un home «de sólida formación, humanidade e galeguidade»

La Voz

LUGO

20 abr 2009 . Actualizado a las 02:00 h.

Na Casa da Cultura interviñeron tamén a titular do Xulgado de 1ª Instancia e Instrución do Xulgado nº 1 de Viveiro, Ángeles Braña López, que foi alumna do homenaxeado, e que o definiu como «un home bo e xeneroso», así como o Fiscal Superior de Galicia, Carlos Varela, que foi compañeiro desde a Universidade e que destacou non só a súa «sólida formación xurídica, humanidade e galeguidade», senón que afirmou que Barreiro Prado «devolveulle á lingua galega un espazo arrebatado». «Demostrou que o galego, ademais de ser un dereito é necesario para a Administración de Xustiza», sinalou.