Seijas insiste en que non hai sitio para outro centro comercial na cidade e di que fan contratos leoninos
24 feb 2009 . Actualizado a las 02:00 h.José María Seijas López foi reelixido recentemente por outros catro anos presidente da Federación Galega de Comercio, cargo no que xa leva oito anos. O reto plantexado nestes intres e conquerir un plan fronte a crise para o sector.
-¿Cando plantexarán o do plan e en que consistirá?
-Reclamarémolo en canto pasen as eleccións. O comercio necesita un plan específico coma outros sectores e con axudas adaptadas o momento actual. Sería necesaria unha conxelación de impostos e facilidades para pagalos, entre outras cousas. -¿Son momentos tan críticos para o comercio? -Son. No último ano só no centro de Lugo pecharon 58 comercios, con nomes e apelidos, o que extrapolado ao resto da provincia dá idea de como está a situación. Hai moita xente que o está pasando moi mal e que está pensando en pechar. Os gastos increméntanse e as vetas están paradas. -¿É certo que a crise en Lugo é menor que noutros sitios? -É normal, Lugo é unha cidade de servizos. A industria é limitada e a crise tarda máis en chegar. Ademais os funcionarios seguen cobrando, pero a xente ten medo e non gasta. -A crise rematará nestes catro anos que ocupará a presidencia.... -Hai que ser optimistas e pensar que aínda que a crise se normalice a recuperación do consumo. -Vostede non comparte as teses do presidente da CEOE de que é preciso o despido libre. ¿Non si? -Penso que non é o momento de asustar a xente que ten emprego para que rexeite máis o consumo. Nestes momentos hai que buscar outras solucións e non asustar a xente. -¿Qué liña vai seguir nos próximos catro anos a súa federación? -A mesma traxectoria do día a día, seguir cosa formación de comerciantes e traballadores é unha das liñas que manteremos. -¿Pero non recibiron xa formación nestes últimos anos? -Si, pero os hábitos de consumo cambian día a día e o comerciante e o traballador teñen que estar actualizados para que os consumidores non opten por outras canles. -Falando doutras canles, en Lugo están construíndo un novo centro comercial... -Abrir un novo centro comercial é nefasto para Lugo neste momento. O mercado de Lugo non dá para máis do que hai. -Ese mesmo discurso é o que mantivo a federación cando abriu o último... -Si, e quedou demostrado. O de que os centros comerciais atraen xente ao centro é un mito. ¡Que me dean datos de canta xente trouxo o centro de Lugo As Termas! Os comerciantes que están nos centros comerciais estano pasando moi mal. Non todos os comerciantes son tratados por igual. Hai tendas que practicamente non pagan rendas e hai outros comerciantes con contratos leoninos.