A investigadora centra o seu estudo no documental

La Voz

LUGO

22 feb 2009 . Actualizado a las 02:00 h.

Actualmente o campo de estudo de Margarita Ledo está máis vencellado á produción documental có xornalismo, especialidade que estudou en Barcelona. Ademais é profesora na facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago.

-Gústame moito a entrevista. Reaparece nos meus documentais, nas personaxes... O retrato tamén o traballei moito na fotografía. Ao cabo, o retrato da persoa está na entrevista, na imaxe fotográfica, na documental. Son cousas que van tendo tratamentos ou saídas diferentes segundo o momento.