Sorrisos infantís en galego

LUGO

Uns 200 nenos de todos os centros do Concello de Sarria disfrutaron dunha representación teatral programada para potenciar o idioma

25 nov 2008 . Actualizado a las 02:00 h.

Os preto de 200 nenos e nenas que onte asistiron a representación teatral que se celebrou na Casa da Cultura non pararon de rir durante a totalidade da obra teatral que se representou en Sarria, enmarcada dentro do convenio do Concello coa Secretaría Xeral de Política Lingüística para potenciar e difundir o galego.

As risas deron comezo desde o primeiro intre no que un dos actores representaba a un neno con medo a escuridade ao que lle apagaban a luz do seu cuarto. Foi o prólogo dunha serie de situacións divertidas, primeiro con personaxes reais e despois con monicreques, que fixeron escachar de ledicia non so aos máis pequenos, senón tamén aos seus mestres e acompañantes.

O curioso foi comprobar a naturalidade ca que os rapaces asumiron que a representación fose en galego. Tanto foi así que ao final da actuación case ningún dos asistentes era capaz de lembrar o idioma no que falaran os personaxes e aos poucos que se decataran a verdade é que dáballes igual.

Motivación

O único que realmente lles importou os integrantes do entregado auditorio foi que pasaron un longo rato de ledicia no que se esqueceron por completo das súas tarefas diarias na escola. Este dato seguro que xa e máis ca coñecido polos encargados de deseñar esta actuación, que lograron máis ca sobradamente os seus obxectivos, motivar aos pequenos arredor da lingua.

A realidade foi que o trunfo final de Martiño contra os seus medos foi a vitoria de todos é que se celebrou casque como o trunfo dos tenistas españois na Copa Davis o pasado fin de semana. O que tamén quedou claro é que existe un idioma universal, o do sorriso, onte moi practicado por nenos e maiores en Sarria grazas ao bo facer de Matapiollos.