A sala de exposicións da Biblioteca Provincial acolle a mostra de carteis cinematográficos de Múñoz Bachs
25 sep 2008 . Actualizado a las 02:00 h.Unha recolleita histórica, cargada de simboloxía e incluso dalgúns pequenos retazos de «campaña política». Así definen os primeiros visitantes a exposición Carteis de Cine de Eduardo Muñoz Bachs, que se enmarca dentro dos actos da Semana de Cine e que, permanecerá aberta ao público ata finais de mes.
A escolla dos carteis que se expoñen na Biblioteca Provincial foi realizada por Manuel Curiel, organizador da Semana de Cine. A mostra conta cuns 85 affiches de películas e documentais cubanos, italianos, franceses e polacos, entre outros, que resumen dalgún xeito a traxectoria profesional deste deseñador autodidacta. Os debuxos dos carteis xurdían do seu maxín unha vez visualizaba o filme. As cores, os trazados e incluso a tipografía empregadas definen por si soas a película ou documental en cuestión. Aínda que o cartelista tamén creou por encargo algún que outro letreiro con «certa carga ideolóxica».
Un español no exilio
A guerra civil obrigou a Bachs a abandonar a súa Valencia natal e a exiliarse en Cuba. Unha vez rematada a ditadura Batista (1959) fundou con outros artistas da época O Instituto Cubano del Arte y la Industria Cinematográficos, entidade que elaborou o cartel de Historias de la Revolución , un filme de Gutiérrez Alea, símbolo da época postrevolucionaria cubana.
No seu afán por homenaxear a aquelas persoas que marcaron un punto de inflexión no cinema e o sector audiovisual en Lugo e no mundo, a agrupación Fonmiñá celebrou onte, a última hora da tarde, un acto en honor á xornalista e locutora de radio lucense Tonina Gay. Xusto antes da proxección de Historias de la radio de Sáez de Heredia, filme elixido pola propia Gay.