Auditorio, «unha boa solución»

La Voz

LUGO

A Consellería de Cultura xogou un papel relevante no feito de que o novo auditorio municipal non se constrúa en San Fernando. Lage di: «No caso desta infraestrutura, que no seu momento foi controvertida, primeiro por non ter financiamento necesario, aínda que o PP diga o contrario, nós fomos partidarios de que se ubicara en San Fernando. Pero o proxecto inicial sufriu unha modificación moi importante. A consellería fixo unha recomendación e polo medio aparece un informe de Icomos, que alguén vincula ao BNG (eu teño a certeza de que nese organismo o Bloque no ten ningún representante legal). Buscouse unha boa solución, porque imos ter auditorio en Magoi e museo da romanización.

-Outra cuestión relevante é a da nova ponte...

-Este asunto foi un motivo de engano en dous procesos electorais: 2003 e 2007. Hai recortes de prensa nos que se falaba de que entraría en servizo no 2007. No mellor dos casos, estará no 2011. O que reprochamos a Orozco é o ter enganado á cidadanía con falsas promesas. E xa deixamos claro que estamos en contra de que afecte ao parque Cela.