Aínda que no carné de identidade figura que é de Rábade, Jorge Coira naceu en Lugo no ano 1971. Se ben, viviu na localidade rabadense ata os catro anos, cando regresou á urbe das murallas. «Realmente nacín en Lugo, pero meus máis vivían en Rábade, así que son dous dous sitios», explica o director. Na actualidade, Coira reside en Santiago de Compostela por motivos profesionais, aínda que comenta que viaxa a Lugo con bastante frecuencia, especialmente para ver á familia e aos amigos. «Aínda que este mes non puiden ir tanto coma outras veces porque estou bastante leado co traballo», confesa. Amigos do instituto Jorge Coira e Luis Tosar coincidiron no instituto Feminino de Lugo. O primeiro soñaba con ser director de cine, o segundo con ser actor. A conexión foi rápida e comezaron a facer traballos xuntos. Foron os primeiros eslavóns de dúas traxectorias audiovisuais galegas que non paran de colleitar éxitos a todos os niveis.