Titulados de FP poderán facer prácticas en empresas europeas ao abeiro do programa Lugoqualitas
LUGO
13 ene 2008 . Actualizado a las 02:00 h.
Mozos e mozas de entre 18 e 25 anos, que nos últimos tres se titulasen en FP, poden inscribirse no proxecto Lugoqualitas , que promove a concesión de bolsas de 13 semanas de duración para a realización de prácticas laborais en empresas de Italia e Polonia. Serán dez as bolsas que se outorgarán en cada un destes dous destinos e os interesados poden presentar a solicitude que está dispoñible na páxina web do Concello de Lugo (www.lugo.es) e nos centros de Formación Profesional da cidade ata o día 15. Para máis información tamén poden chamar ao 982 297 220.