O rexedor teme que Urbanismo volva actuar proximamente contra o Concello
25 oct 2007 . Actualizado a las 02:00 h.Nin a actual conselleira de Política Territorial nin o director xeral de Urbanismo atenderon as invitacións do rexedor Alfonso Fuente para visitar un municipio «sobre o que só se opina en materia urbanística desde os despachos de Santiago». Lamenta que isto ocorra nun Concello ao que a Xunta lle suspendeu as normas hai case un ano e que xestiona o urbanismo cunha normativa provisional publicada en febreiro deste ano.
-¿Como cre que debería reaccionar a Xunta ante as últimas resolucións do Contecioso de non ordear a paralización cautelar dunhas 200 vivendas unifamiliares que se executan en núcleos rurais e contan con licenzas de segregación?
-O xulgado ven claro lle di que, con respecto ás medidas cautelares, non hai prevalencia dunha administración sobre a outra. -Neste caso concreto ¿moitos dos afectados son promotores particulares?
-O 90% deles compraron a súa parcela segregada para edificar unha vivenda. Tamén hai algún promotor, pero son os menos.
-Algúns seguiron coas obras, pero houbo que non as comezou ante ese temor que se creou por estes ataques inxustificados desde Urbanismo. Á espera do que resolva finalmente o Contencioso sobre as segregacións haberá que repensar a situación. Se ao final o xulgado dicta un fallo favorable á Xunta e contrario á segregación aprobada pola xunta de goberno terán que aclarar cal das catro ou cinco vivendas que están construídas na parcela previa á segregación é a legal. Si agora existen catro ou cinco propietarios que á súa vez teñen a finca rexistrada ao seu nome ¿que pasa, sería unha multipropiedade? -Sempre denunciou un trato discriminatorio da Xunta cara a Barreiros. -A Xunta levou adiante unha decisión precipitada e partidista para anular a normativa do Concello e para impor unha moi restritiva. Non vexo que ocorra o mesmo noutros sitios. Recientemente en Viveiro abriuse un expediente pola construcción de cinco chalés e pasado o prazo a Xunta non vai ao Contencioso. Eu non creo nos despistes. -¿Hai novidades sobre as promotoras que pararon as obras? -O xulgado admitiu as medidas cautelares e as obras seguen paralizadas. Creo que en pouco tempo sairá a resolución do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia; será para reafirmar as medidas cautelares ou para anulalas. -¿Solicitoulle a Xunta máis documentación doutras obras en fase de execución? -Si, alá polo mes de xuño pidíronos documentos sobre licenzas de obras e outros informes. Son actuacións xa iniciadas. Agora estamos vendo como Urbanismo lle pide ao Concello de Cervo a paralización de 532 vivendas .... e se a Xunta segue na misma dinámica é capaz de pidirnos que paremos máis de mil vivendas en construción. -¿Dunha zona en concreto? -Non en xeral, de construcións en distintos puntos. -¿Xa cansou de pidir tantas veces un diálogo directo coa Administración autónomica? -Sigo aberto ao diálogo coa Consellería e boa proba disto é que hai seis ou sete meses lle pedín unha entrevista á conselleira, que aínda non me recibiu. De todos os xeitos creo que mentres non haxa un regulamento claro de solo consolidado non se avanzará nada. -¿Teñen cuantificado os gastos que lle representan ao Concello os contenciosos? -Gástanse moitos cartos e con estes gastos o Concello non pode investir en crear outros servizos que fan moita falla. -¿Como levan o plan xeral? -Imos pedir unha subvención para redactalo, pero só nos darán uns 120.000 euros, unha cantidade insuficiente. No baremo deberían incluir outras variantes porque, a pesar de ter máis ou menos a mesma poboación, non é a mesma complexidade urbanística a de Barreiros que a do Incio ou a de Baralla.