TRIBUNA | O |
25 jun 2007 . Actualizado a las 07:00 h.MONCHO Borrajo actuou o no Auditorio. Arremeteu contra os adosados, as pijas , o galego sen acento, o anterior bispo de Mondoñedo, Fraga, Zapatero, o BNG¿ en xeral, contra os políticos. É habitual que ao auditorio acuda a nata e a fror da política provincial. No caso de Moncho Borrajo non, porque é un perigo. ¡Ai do que caia na súa lingua viperina! ¡Ai do que chame a súa atención! ¡Ai do político! Na sala, só vin dous: un do PSOE e outro do BNG. Unha ducia de veces -ao mellor só foron dez- arremeteu contra o auditorio, as súas instalacións, a desaparición do Gran Teatro, avogando porque Lugo teña dunha vez un verdadeiro auditorio. Non sabe Moncho Borrajo que o auditorio ten 21 anos, que o levantou Vicente Quiroga porque en Lugo non había ningunha instalación pública, aproveitando unha antiga nave do matadeiro lucense ao mercar os terreos de Frigsa. Ata ao presidente da Xunta veu a Lugo celebrar a existencia deste auditorio. Desde entón pasaron por Lugo tres alcaldes, un con doble mandato, e esta segue a ser a primeira instalación pública lucense. Sorte teñen os tres de que M.B. non soubese maís do auditorio. Non é bo para os políticos deixar de acudir a un acto polo temor ó aceiro verbal dun humorista. O seu labor leva implícita a asimilación das reaccións que a súa actividade ocasione. Ou, neste caso, a falla de actividade, que os pecados tamén poden ser por omisión.