«Rumbo al Cairo»

XULIO XIZ

LUGO

TRIBUNA | O |

21 may 2007 . Actualizado a las 07:00 h.

UN VILALBÉS de outrora, acuñou a frase de «Rumbo al Cairo», así en castelán, para referirse ao feito de largarse con vento fresco, cambiar de aires, ou tomar un camiño diferente na vida. A semana pasada estiven en Exipto, e parte dela na súa capital, O Cairo, aínda que o feito -impactante de por si- non significou cambio importante na miña vida. Foi, dun domingo ata outro domingo, un aillamento total en canto á política local, xa que a única información que recibiamos chegaba qa través da canle internacional que ten Televisión Española. Poder irme por un tempo «rumbo al Cairo» significou unha limpeza da mente de xeito temporal, que recomendo aos que se sintan agobiados por unha campaña electoral que xa dura catro anos, na que tódalas armas valen, aínda que caia todo aquel que se atope no rumbo que alguén ten emprendido. Os políticos deberían facer nalgún momento da súa traxectoria algunha viaxe «rumbo al Cairo», como quería e dícía o vello vilalbés, buscando camiños máis dereitos nos seus discursos. Do contrario (veremos que ocorre o vindeiro día 27), esa viaxe hacia ningunha parte pode ser emprendida por un sector cada vez maior do electorado que non sintoniza coas palabras e os feitos dos políticos profesionais. redac.lugo@lavoz.es