«É o momento de que chegue xente nova ao Concello»

La Voz

LUGO

NÚMERO 1 DEL PG DE SARRIA

09 may 2007 . Actualizado a las 07:00 h.

Chámome Pablo López Barrera, estou solteiro, e dedícome a enseñanza universitaria e a investigación. Son doutor en Físicas. A maior parte de miña vida transcurriu en Sarria, aínda que durante a etapa de estudante de bacharelato residín nun colexio interno en Vigo e cando preparei a carreira estiven en Valladolid. Son un apaixoado do fútbol e en especial do Deportivo, pero respeto moitísimo o Celta e desexo firmemente que se salve. ¿Por que estou en política? A miña relación coa política xa e vella, posto que formei parte da primeira corporación elexida democráticamente en Sarria como cabeza de lista da Coalición Democrática. A verdade e que é un tempo que voto de menos pola boa relación que tiñamos tódolos políticos naqueles momentos. Despois de varios anos un pouco apartado da vida política municipal considerei que era o momento de volver o primeiro plano da política, para recuperar a calma, o consenso e o diálogo entre tódolos partidos do Concello, algo que agora non existe. Considero que a situación do Concello na actualidade está practicamente paralizada e agotadas as ideas dos actuais responsables municipais. Por ese motivo considero que é o momento de que chegue xente nova ao goberno para que poida aportar solucións a chea de problemas que durante catro anos se acumularon mentras os responsables de solucionalos estiveron de brazos cruzados.