Novos tempos para a castaña

Francisco Albo
Francisco Albo MONFORTE

LUGO

Reportaxe | Garantía de calidade para os produtos locais Os industriais consideran que a futura denominación de orixe suporá un revulsivo para o sector e que abre importantes posibilidades para o sur lucense

12 dic 2006 . Actualizado a las 06:00 h.

PRODUTOS DERIVADOS. Na última Festa da Pisa da Castaña de Froxán presentáronse unhas tartas elaboradas con este froito que fabricará unha pequena empresa radicada en Folgoso do Courel ? próxima creación dunha denominación de orixe específica para a castaña galega -tecnicamente, Indicación Xeográfica Protexida ou IXP- pode supor un importante revulsivo para este sector nas provincias de Lugo e Ourense, segundo opinan os industriais do ramo. «Vai ser o que impida a desaparición deste sector, que agora non está no seu mellor momento», afirma Miguel Ángel Areán, xerente de Castañas Naiciña, empresa chantadina que participa nas negociación para a creación do IXP. Na súa opinión, o feito de contar cunha denominación de orixe propia pode ser moi beneficioso en dous aspectos básicos. «Por un lado, axudará a promover o consumo da castaña galega e dos seus derivados no conxunto de España, que se mantén nun nivel baixísimo, e iso pode dar pé a incrementar a nosa produción. Por outro lado, a IXP establecerá uns criterios de calidade sanitaria que evitarán que pasen cousas como a que pasou este ano, que o 40% das castañas adquiridas para a industria viñan en mal estado», explica. A normativa da IXP, agrega Areán, tamén impedirá que se vendan como galegas castañas producidas nesta comunidade, pero envasadas ou transformadas noutros lugares. O industrial considera, así mesmo, que a Xunta debería crear mecanismos que axuden a que a denominación de orixe fortaleza o sector e que favorezan a promoción deste produto noutras comunidades. Exemplos A pesar das dificultades do sector, Areán cre que a castaña -se se crean as condicións necesarias- pode converterse nun importante recurso económico para o sur lucense. «Temos o exemplo da rexión portuguesa de Tras-os-Montes, onde a economía mellorou moitísimo nos últimos anos grazas á castaña», apunta. «E tamén temos o caso dos viños da Ribeira Sacra. Hai uns anos as ribeiras estaban case abandonadas e hoxe, polo menos, conseguiuse mellorar moito a calidade do produto», engade.