Aprazar as obras

BENIGNO LÁZARE

LUGO

DE PASCUAS EN RAMOS | O |

21 nov 2006 . Actualizado a las 06:00 h.

XA É, case, un truco clásico ir aprazando as obras e os proxectos, someténdonos aos cidadáns a innecesarios períodos de seca de novos servizos, ata que chegan as eleccións. Entón, como ocorreu en Cee, da seca pasamos ás inundacións, e unha tromba de inauguracións e presentacións de proxectos pasan, en menos de vintecatro horas, das musas ao teatro, porque no teatro é onde se quedan máis da metade dos anuncios e promesas. Agora parece que non se vai dar gastado o diñeiro da nova ponte previsto para o 2007 e, sen embargo, non hai datos dela.