Bendita auga

LUGO

DESDE O ADARVE | O |

09 nov 2006 . Actualizado a las 06:00 h.

O CONCELLO deu por inauguradas onte as obras da nova estación potabilizadora de auga. Será, ise é o desexo de todos, a gran oportunidade para que podamos botar abaixo esa maldición que parece un chiste cando llo contas. poñamos por caso, un gaditano ou a un murciano: que os lucenses non podemos beber a auga da traída. Outro aspecto que teremos que ver no futuro será o prezo do litro de auga. Por un lado alguén terá que pagar a nova depuradora e a planta de tratamento. Xa sei que os cartos veñen do Estado, pero non está garantido que o recibo non o acuse o día que entre en funcionamento. Por outra parte, desde o Goberno falan dun consumo mínimo de 60 litros e a partir de aí, a prezo máis caro. Esta idea supoño que non se decidirán a aplicala en Galicia, porque sería de risa que paguemos por algo que nos sobra.