A Muralla como escusa

LUGO

DESDE O ADARVE | O |

06 nov 2006 . Actualizado a las 06:00 h.

FINALMENTE non se instalarán radares na ronda da Muralla. A decisión foi tomada usando o argumento de que afearían ao noso gran monumento e que os datos non confirmaban que houbese velocidades moi altas. Imos por partes. Sobre isto último, se se refiren a que ás cinco da tarde ninguén vai a cen por hora, pois teñen razón. Básicamente, porque a quen se lle ocurra circular pola porta de Bispo Odoario a esa hora a unha velocidade de máis, xa sabe que só lle queda bater contra outro turismo. O problema é de noite, por se non se queren enterar. E a outra escusa é que molestaría a visión da Muralla. ¿E logo na outra acera? E logo a tecnoloxía non avanzou. E logo non afean máis as torres de edificios que se levantan e que ensombrecen a vista das torres da catedral.